Ya están aquí. ya llega el Bono Comercio de la Xunta de Galicia:
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Importe
Para a concesión destas axudas destínanse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Data de activación dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.
Mediante orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación poderase modificar a dita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellasen, do que se dará a publicidade oportuna.
Prazo de adhesión dos comercios
O prazo dos comercios para adherirse ao programa será desde o día 16 de abril de 2024 ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, en todo caso, ata o 1 de setembro de 2024, sen prexuízo da súa posible ampliación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Daros prisa cuando toque hacerlo, de lo contrario quedamos sin ellos y ….. muy importante CONSUMIRLOS
Ligazón de interese
• Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240415/AnuncioG0692-110324-0012_gl.html